Galicia Media naceu en Santiago de Compostela en 1993 coa intención de satisfacer todas as necesidades de comunicación dos nosos clientes, ofrecéndolles un servizo integral, eciente e personalizado.
O noso equipo humano, integrado por profesionais especialistas no eido da publicidade, deseño, comunicación, novas tecnoloxías… está en constante proceso de formación para ofrecer aos nosos clientes sempre unha estratexia novidosa e única, pensada para cumprir cos obxectivos especícos de cada campaña.
O que nos permite ofertar un gran abanico de servizos como son a elaboración de plans de medios e compra de espazo publicitario, tantos nos medios tradicionais como nos novos soportes dixitais, deseño de campañas de comunicación e relacións públicas, creación de orixinais, publicacións editoriais, produción de spots publicitarios, elaboración de banners e contidos multimedia, asesoramento e revisión lingü.stica,… así como calquera outro tipo de acción que axude a que os nosos clientes alcancen o seu target nal, optimizando sempre ao máximo o orzamento dispoñible.
Galicia Media, á marxe dos seus propios recursos, é a sociedade matriz dun grupo de empresas relacionadas co sector da comunicación, o que lle permite asumir con total garantía calquera reto profesional neste eido.
1.- Canle de Comunicación (con sede en A Coruña) é un estudio creativo, especialista en servizos de deseño e produción audiovisual.
2.- Edicións Lea asume a edición de publicacións en galego, con 14 coleccións que suman máis de 250 títulos, nos que destacan os relacionados co mar ou os medios de comunicación.
3.- Omnibus realiza estudos de mercadotecnia e de avaliación de resultados.
4.- Ace céntrase na comunicación empresarial, ofertando servizos de prensa e relacións públicas.
5.- Anosar-Galicia Media Traducións é unha axencia de tradución e supervisión lingüística de calidade en todos os idiomas comunitarios. Intérpretes, tradución simultánea, traducións xuradas, etc.
6.- Laverde Producciones y Ediciones é especialista en producións en lingua castelá tanto en soporte gráfico como electrónico (libro, CD, internet, etc.).
7.- Fundación Lea encárgase da promoción de actividades culturais entre as que destaca unha convocatoria anual de premios de investigación e desenvolvementeo (I+D) dirixido a mozos e mozas universitarios.